Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 50

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 167/2014, do 23 de decembro, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2014,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a José Manuel Villanueva Prieto, en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

Artigo 2

Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia a José Pereira Fariña, en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, vinte e tres de decembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente