Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 31 de decembro de 2014 Páx. 55956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 11 de decembro de 2014 pola que se fan públicas as resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades de Galicia, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 7 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 2 de xuño).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), fanse públicas as resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades de Galicia, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 7 de maio de 2014 (DOG do 2 de xuño), e que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela; Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

A resolución de recurso pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnada directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

Miguel Ángel Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e
Acreditación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Óscar Pedros Fernández

32842346W

071-1A/14-026/PCD

Paulo Martínez Lema

33535363Y

081-1A/14-031/PCD

082-1A/14-033/PAD

E. Guillermo Iglesias Díaz

11410349A

157-1A/14-069/PCD

Virginia Leiro Fernández

36132719H

162-1A/14-071/PCD

163-1A/14-063/PAD

María del Mar Muñoz Prieto

76723512C

240-1A/14-106/PCD

241-1A/14-043/PUP

Isabel González-Abraldes Iglesias

44806533A

254-1A/14-097/PAD