Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 31 de decembro de 2014 Páx. 55929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (570/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 570/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Vila Villar contra Mecapak Services, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto

Xuíz

Javier López Cotelo

A Coruña, 27 de novembro de 2014.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 18.11.2014. A parte demandante presenta escrito de aclaración con data do 26.11.2014.

Parte dispositiva

Non procede a aclaración/rectificación solicitada pola parte demandante no presente procedemento.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncia, manda e asina Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo da Coruña».

E para que conste e sirva de notificación a Mecapak Services, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de novembro de 2014

A secretaria xudicial