Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 31 de decembro de 2014 Páx. 55931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (108/2014).

Execución de títulos xudiciais 108/2014

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 122/2013

Demandante: Zaheer Ahmed Muhamad Bashir

Demandado: Istanbul Döner Kebab

Declaración de insolvencia

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 108/2014, por instancia de Zaheer Muhamad Bashir, contra a executada Mehmet Oguz, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 10 de decembro de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 283,61 euros de principal, máis 147,98 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

A secretaria xudicial