Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 31 de decembro de 2014 Páx. 55952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos os inicios de procedemento de reintegro das axudas pola contratación indefinida inicial, regulada na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio), relativa aos expedientes TR348A 2010/70-2 e 2010/245-2.

Intentada a notificación destes acordos, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente ante esta xefatura territorial.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 4 de decembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/70-2.

Nome: Marlen Fca. González Sánchez.

DNI/NIF: 34281322-Y.

Axuda: subvención pola contratación indefinida inicial.

Último enderezo coñecido: Barboa, Trasliste, 9, 27367 Láncara (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR348A 2010/245-2.

Nome: Jil C.B.

DNI/NIF: E27404227.

Axuda: subvención pola contratación indefinida inicial.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón Cabanillas, 2 planta baixa, 27600 Sarria (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.