Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2014 pola que se acorda rectificar a folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas e se outorga un novo prazo de presentación de ofertas en relación co contrato correspondente á adquisición, instalación, migración e posta en marcha dun sistema wifi para esta universidade (expediente 22/14).

Advertidos erros nos documentos anteditos, por medio da Resolución reitoral do 19 de decembro de 2014 acordouse rectificar a folla resumo de características e o prego de prescricións técnicas nos termos que se poden consultar no perfil de contratante da Universidade de Vigo no enlace seguinte: http://perfilcontratante.uvigo.es/listado_expedientes.asp, e conceder un novo prazo de presentación de ofertas, que remata o vindeiro día 29 de xaneiro de 2015 ás 14.00 horas.

Vigo, 19 de decembro de 2014

P.D. (Resolución reitoral do 7.5.2014; DOG do 13 de maio de 2014)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo