Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53803

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación pública sobre o expediente 1805/433 de alleamento por poxa pública das parcelas sitas na Tomada (249 e tres máis).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 28 de novembro de 2014, acordou aprobar o expediente patrimonial e o prego de condicións administrativas para o alleamento por poxa pública á alza en sobre pechado das parcelas 249, 250, 251 e 252 do IPMS, sitas na Tomada, con destino urbanístico á construción de vivendas unifamiliares libres e dispor a apertura do procedemento de adxudicación e a súa publicación mediante anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 1805/433).

Datos xerais do procedemento:

Órgano de contratación: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con domicilio en praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra).

Lotes que se van allear: 4 lotes (ver detalle).

Garantía provisional: 5 % do tipo de licitación de cada lote ao que concorran.

Modalidade de alleamento: poxa pública na súa modalidade de sobre pechado.

Lugar de consulta do prego e documentación: oficinas e perfil do contratante da Xerencia de Urbanismo, https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante

Prazo de presentación de ofertas: 30 días naturais desde a publicación do último anuncio da apertura da convocatoria ben no BOP ou no DOG.

Lugar de presentación de ofertas*: luns a venres: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo, das 9.00 ás 13.30 horas. Sábados: Rexistro do Concello de Vigo, das 9.00 ás 13.00 horas.

Presentación por correo ou formas do artigo 38.4 Lei 30/1992: deberá xustificarse a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por fax ou telegrama. Nº de fax: 986 22 47 80.

Forma de presentación de ofertas: a indicada no punto 8.2 do prego de condicións económico-administrativas, consonte os modelos anexos do referido prego.

Lugar, día e hora do acto público de apertura de ofertas: na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, ás 10.00 horas do primeiro martes seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións. As posibles variacións serán publicadas no perfil do contratante.

Descrición das parcelas:

Lote 1 parcela 249 PMS: parcela 5 P.C. U.A. 1 Tomada-San Paio de Navia.

Situación: rúa Tomada-Navia; superficie: 227,2370 m2.

Ref. catastral: 9429916NG1792N0001OW.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo, nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 11, predio rexistral 75388; cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de saída: 81.245,12 euros (máis IVE).

Lote 2 parcela 250 PMS: parcela 6 P.C. U.A. 1 Tomada-San Paio de Navia.

Situación: rúa Tomada-Navia; superficie: 227,25 m2.

Ref. catastral: 9429917NG1792N0001KW.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo, nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 16, predio rexistral 75390; cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de saída: 81.248,69 euros (máis IVE).

Lote 3 parcela 251 PMS: parcela 26 P.C. U.A. 1 Tomada-San Paio de Navia.

Situación: rúa Tomada-Navia; superficie: 182,40 m2.

Ref. catastral: 9429925NG1792N0001JW.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo, nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 116, predio rexistral 75430; cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de saída: 65.213,47 euros (máis IVE).

Lote 4 parcela 252 PMS: Parcela 39 P.C. U.A. 1 Tomada-San Paio de Navia.

Situación: rúa Tomada-Navia; superficie: 241,81 m2.

Ref. catastral: 9429909NG1792N0001LW.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo, nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 186, predio rexistral 75458; cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de saída: 86.454,33 euros (máis IVE).

Vigo, 4 de decembro de 2014

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada de Urbanismo, Cascos Históricos, Grandes Proxectos, Patrimonio, Economía e Facenda