1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade para a vixilancia e protección dos bens mobles situados no Servizo de Gardacostas de Galicia, así como doutras dependencias, instalacións e equipamentos que a Consellería do Medio Rural e do Mar ten en Vilaxoán (Pontevedra).
c) División por lotes e número: non leva.
d) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato é de 12 meses.
e) Admisión de prórroga: si, con posibilidade de prórroga por 6 meses máis.
f) CPV: 79714000-2 e 79710000-4.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.
Criterios de adxudicación: avaliables de forma automática, recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 123.966,94 €, IVE (21 %): 26.033,06 €, Importe total: 150.000,00 €.
Valor estimado: 185.950,41 €.
5. Financiamento: fondos propios.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non é exixible.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K do prego de cláusulas administrativas.
7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) 981 54 40 70 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21626
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
12. Outras informacións.
a) Información relativa ás condicións de subrogación nos contratos de traballo (anexo I do prego de prescricións técnicas).
b) Obriga dos licitadores de atoparse inscritos no Rexistro de Empresas de Seguridade do Ministerio do Interior.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar