Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53720

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (CM-03/2014, do 8 de setembro), para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de dous postos de condutor/a de instalacións.

Convocada por Resolución CM-03/2014, do 8 de setembro (DOG nº 190, do 6 de outubro), a provisión de dous postos de condutor/a de instalacións, polo sistema de concurso de méritos, a Xerencia de Xestión Integrada, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de condutor/a de instalacións, realizada mediante Resolución CM-03/2014, do 8 de setembro (DOG nº 190, do 6 de outubro).

Segundo. Declarar deserta a convocatoria CM-03/2014, do 8 de setembro, para a provisión de dous postos de condutor/a de instalación por non concorrer ningún aspirante á dita convocatoria.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 24 de novembro de 2014

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

1. Posto de traballo: condutor/a de instalacións.

Nome e apelidos: deserta.

DNI:

2. Posto de traballo: condutor/a de instalacións.

Nome e apelidos: deserta.

DNI: