Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Neda (expediente IN407A 2014/159-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Narahío, S.A.

Domicilio social: Vista Alegre-Doso, 15597 Narón.

Denominación: reforma del centro de distribución de Bouza Redonda.

Situación: Neda.

Características técnicas:

– 1 Cela para os trazos, de 630 A, 24 kV.

– 4 Celas de interruptor automático con seccionador de corte en baleiro motorizado de 630 A, 24 kV e relé de protección con funcións de sobreintensidade (50-51/50N-51N), direccional de terra (67N), reenganche (79).

– 2 Celas entrada/saída de liña con interruptor-seccionador motorizado de 630 A, 24 kVc seccionador de posta á terra de accionamento brusco e detectores de presenza de tensión.

– 1 Cela con interruptor para unión de barras motorizado de 630 A, 24 kV.

– 1 Cela de protección de trafo, entrada por barra á esquerda, con fusibles fríos combinados adecuados para o trafo de 15 kV/250 kVA e dispositivo de disparo a 230 Vca e de peche do interruptor, de 630 A, 24 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña