Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2014/195-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS CTC RBT Vilabuide-Valón.

Situación: Ferrol.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea a CTC Vilabuide, a 20 kV, cunha lonxitude
de 910 m, con orixe en paso aero-subterráneo que se realizará en apoio nº 85 da LMT aérea SMR-706, no tramo entre o CT Valón Militar (expediente 40/05) e o CT Doniños Vila (expediente 7.306), condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 3(1×240 Al), e final no centro de transformación proxectado Vilabuide.

– Centro de transformación prefabricado Vilabuide, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Saída rede de baixa tensión subterránea do CTC Vilabuide proxectado, cunha lonxitude de 31 m, en condutor XZ1.

– Rede de baixa tensión aérea do CT Vilabuide, con orixe no paso aero-subterráneo que se vai realizar en apoio existente nº 1, cunha lonxitude de 405 m, en condutor RZ, e apoios HV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 3 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña