Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53196

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública relativa a un proxecto de balsa de xurro na parroquia de Coea.

Nesta Alcaldía tramitouse o expediente solicitado pola SAT do Ferreiro nº 1125 XUGA, de licenza municipal para un proyecto de balsa de xurro na parroquia de Coea, do concello de Castro de Rei, consistente en retrotraer o expediente ao trámite de información pública e notificación persoal (en relación co iniciado en virtude de solicitudes presentadas o día 4 de xuño de 2010, rexistradas cos números 2210 e 2211, de entrada no concello).

Cumprindo co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período, –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 22 de decembro de 2014

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde