Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53216

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación pública sobre procedemento aberto para a contratación da subministración de ligante C65B3 para a súa utilización polas brigadas durante o ano 2015 na zona sur da provincia.

No perfil do contratante, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, subministración de ligante C65B3 para a súa utilización polas brigadas da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2015 na zona sur da provincia, cun tipo de licitación de 85.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32 ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 3 de decembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense