Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Reimunde, SAT nº 718 XUGA, na asemblea xeral do 12 de outubro de 2014, toma o seguinte acordo:

Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está composta por: Ramón Reimunde Noreña, presidente; María José Figueira Malvárez, secretaria; Pedro Reimunde Figueira, Marcos Reimunde Figueira e María Reimunde Figueira como vogais.

b) A sociedade agraria de transformación San Martín de Galegos, SAT nº 691 XUGA, na asemblea xeral do 2 de outubro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria de Jesusa Couselo Noya, que transmite a totalidade dos seus títulos á pretendida nova socia María Jesús Rodríguez Couselo.

2. Ratificar os acordos aprobados na asemblea celebrada o 25 de marzo de 2012, na que se tramitaba a baixa do socio Valentín Sánchez Berdomás e a alta de María Sánchez Sánchez.

Como consecuencia destas altas e baixas de socios, o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Carlos Carnota Mirás 256 títulos 156,16 € de capital social

María Jesús Rodríguez Couselo 256 títulos 156,16 € de capital social

José Ángel García Seoane 256 títulos 156,16 € de capital social

María del Carmen Maroño Mirás 256 títulos 156,16 € de capital social

José María Martínez Rey 256 títulos 156,16 € de capital social

Rosalía Mirás Carneiro 256 títulos 156,16 € de capital social

José Antonio Rodríguez Pérez 256 títulos 156,16 € de capital social

Mª del Carmen Sánchez Rodríguez 256 títulos 156,16 € de capital social

Antonio Suárez Botana 256 títulos 156,16 € de capital social

María del Carmen Vieites Calvo 256 títulos 156,16 € de capital social

María Sánchez Sánchez 256 títulos 156,16 € de capital social

3. Ratificar os acordos tomados na acta da asemblea celebrada o 21 de decembro de 2013, na que se aproba renovar os cargos da Xunta Reitora que está composta por: Carlos Carnota Mirás, presidente; Rosalía Mirás Carneiro, secretaria; Jesusa Couselo Noya; tesoureira; María del Carmen Sánchez Rodríguez e María Sánchez Sánchez como vogais.

c) A sociedade agraria de transformación Godeval, SAT nº 480 XUGA, na asemblea xeral do 1 de outubro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Anular a acta da asemblea celebrada o 10 de xullo de 2013 na que se acordaba a renovación dos cargos da Xunta Reitora, ao non estar dados de alta no rexistro de SAT algúns dos socios.

2. Ratificar os seguintes puntos da acta de asemblea do 10 de abril de 2014:

Aprobar a baixa voluntaria do socio Francisco Javier Folla Macía que vende e transmite a súas participacións a Honorato López Isla.

Aprobar a baixa por falecemento de Horacio Fernández Presa e a alta da representante dos seus herdeiros; Araceli Fernández del Palacio.

Aprobar a baixa por falecemento de Victoriano Reinoso y Reino e a alta da representante dos seus herdeiros; Loreto Arias Mosquera.

Como consecuencia destas baixas o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Honorato López Isla 150 títulos 90.000,00 € de capital social

María Antonia Cela Rodríguez 75 títulos 45.000,00 € de capital social

María Loreto Arias Mosquera 75 títulos 45.000,00 € de capital social

Araceli Fernández del Palacio 75 títulos 45.000,00 € de capital social

Compañía Española de Industrias 75 títulos 45.000,00 € de capital social

Electroquímicas.

3. Ratificar a acta de asemblea celebrada o 30 de xuño de 1994 na que se aproba unha ampliación de capital social de 6.000.000 ptas., alcanzando este unha cifra de 24.000.000 ptas.

4. Ratificar a acta de asemblea celebrada o 9 de maio de 1997 na que se aproba unha ampliación de capital social de 16.500.000 ptas., alcanzando este unha cifra de 40.500.000 ptas.

5. Ratificar a acta da asemblea do 5 de xullo de 1999, na que se aproba unha ampliación de capital social de 4.500.000 ptas., alcanzando este unha cifra de 45.000.000 ptas.

Estas ampliacións de capital non foron xustificadas ante este rexistro en tempo e forma nas datas indicadas, polo tanto con data do 7 de outubro de 2014, elévase mediante escritura pública ante o notario David Del Rey Alonso.

6. Aprobar a redenominación do capital social que pasa a ser de 270.000,00 € representados por 450 participacións de 600,00 € cada un deles, para iso déixase unha reserva indispoñible de 455,45 €.

7. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 270.000,00 € e estará representado por 450 títulos de 600,00 € cada un deles».

8. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está composta por: María Antonia Cela Rodríguez, presidenta; Araceli Fernández del Palacio, secretaria; Honorato López Isla, Víctor Menéndez Suárez e María Loreto Arias Mosquera como vogais.

d) A sociedade agraria de transformación Peteira, SAT nº 1338 XUGA, na asemblea xeral do 20 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Serafín Peteira García, presidente; Sonia Peteira Fernández, secretaria; María del Carmen Fernández Mouriz e Manuel Peteira Fernández como vogais.

e) A sociedade agraria de transformación O Pazo-Prevediños, SAT nº 956 XUGA, na asemblea xeral do 4 de novembro de 2014, toma o seguinte acordo:

Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Manuel Blanco Rendo, presidente; Dolores Costoya Blanco, secretaria e Francisco Rendo Regos como vogal.

f) A sociedade agraria de transformación Gandería O Salgueiro, SAT nº 1244 XUGA, na asemblea xeral do 23 de setembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria da socia Susana Dolores Pena Varela, que transmite mediante venda a totalidade dos seus títulos entre os restantes socios.

Como consecuencia desta baixa e transmisión de títulos o capital social queda distribuído da forma seguinte:

Jesús Pena Juncal 422 títulos 141.652,74 € de capital social

Avelina Varela Varela 422 títulos 141.652,74 € de capital social

Álvaro Alexis Pena Varela 422 títulos 141.652,74 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

3. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que esta composta por: Jesús Pena Juncal, presidente; Avelina Varela Varela, secretaria e Álvaro Alexis Pena Varela como tesoureiro-vogal.

g) A sociedade agraria de transformación Xan Novo, SAT nº 1075 XUGA, na asemblea xeral do 30 de agosto de 2014, que eleva a público mediante escritura notarial con data do 22 de de setembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa por defunción da socia María Amparo Riguera Braña.

Como consecuencia desta baixa, a SAT pasa a estar formada por dous socios, condición indispensable para a disolución ou transformación da sociedade.

2. Aprobar a transformación de Xan Novo, SAT nº 1075 XUGA, Xan Novo Vilela, SL. que está inscrita no Rexistro Mercantil de Lugo no tomo 469, folla LU-17667, libro 0 e folio 29.

h) A sociedade agraria de transformación San Salvador, SAT nº 464 XUGA, na asemblea xeral do 10 de setembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Anular as actas da asemblea celebradas o 30 de setembro de 2013 e 30 de xuño de 2014.

2. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José Luis Candia Bouso, presidente; Enrique Candia Bouso, secretario; Olga Candia Bouso, Eladio Candia Bouso e María Candia Bouso como vogais.

i) A sociedade agraria de transformación Aspoflor, SAT nº 791 XUGA, na asemblea xeral do 20 de outubro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio Manuel Alonso González coa correspondente liquidación da súa participación na sociedade.

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da seguinte forma: «O capital social cífrase en 18.200,00 € e estará representado por 280 títulos de 65,00 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de xeito que a Xunta Reitora pasa a estar formada por sete membros.

4. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Susana Rodríguez González, presidenta; Francisca Orosa García, secretaria; Mª del Carmen Lugo Bascuas, tesoureira; Mª Jesus Quintela Botana, Carmen Tato Rosende, Alejandro Matos Pérez e Mª del Carmen Vinseiro Terceiro como vogais.

j) A sociedade agraria de transformación Finca Santaya, SAT nº 1401 XUGA, na asemblea xeral do 15 de outubro de 2014, toma o seguinte acordo:

Aprobar a primeira achega (22.000,00 €, o 6 de xuño de 2013) segunda e última achega (1.600,00 €, o 14 de outubro de 2014) ao capital social do socio Vicente Mato Taboada.

k) A sociedade agraria de transformación Escuadro, SAT nº 859 XUGA, na asemblea xeral do 11 de novembro de 2014, toma o seguinte acordo:

Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está composta por: Luis Taboada Fernández, presidente; María Dolores Luis García, secretaria; Antonio Otero Fontao, José Luis Taboada López e María del Carmen López López como vogais.

l) A sociedade agraria de transformación Casal-Vilar, SAT nº 921 XUGA, na asemblea xeral do 4 de novembro de 2014, toma o seguinte acordo:

Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está composta por: José Manuel Fernández Raviña, presidente; Ramón Barreiro Alcobre, secretario; María Luisa Raviña Otero, José Manuel Couto Regos, María Dolores Tejo Nande, David Sanín Giadas e Nieves Fontela Albor como vogais.

m) A sociedade agraria de transformación Ferreira, SAT nº 1313 XUGA, na asemblea xeral do 5 de novembro de 2014, que se eleva a pública mediante escritura con data do 20 de novembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar unha ampliación do capital por importe de 46.143,00 € de xeito equitativo entre os tres socios que constitúen a sociedade.

Como consecuencia desta ampliación do capital, este queda distribuído da seguinte forma:

Jesús Trabada Millares 37.381 títulos 37.381,00 € de capital social

Carmen Dorado Fernández 37.381 títulos 37.381,00 € de capital social

Jesús Ángel Trabada Dorado 37.381 títulos 37.381,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 112.143,00 € e estará representado por 112.143 títulos de 1,00 € cada un deles».

n) A sociedade agraria de transformación Eiravedra, SAT nº 1225 XUGA, na asemblea xeral do 20 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Felipe Iglesia Rodríguez, presidente; Josefa Rodríguez Ramudo, secretaria e Marybel Iglesia Rodríguez como vogal.

o) A sociedade agraria de transformación Nimo, SAT nº 1005 XUGA, na asemblea xeral do 26 de novembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: María José Felipe García, presidenta; María Honorina García García, secretaria; Nilo Felipe Fernández e Monserrat Felipe García como vogais.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria