Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 15 de decembro de 2014, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na segunda citación 27R001/889/2014 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 15 de decembro de 2014

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expedientes: 27R001/889/2014, 27R001/981/2014 e 27R001/1257/2014.

Interesada: Reysol Gas, S.L.

NIF: B24651853.

Acto notificado: segunda citación.