1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Augas de Galicia.
2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.
4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
5º. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/
8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: OH.336.1093/XSP.
e) Visita ás instalacións: os empresarios interesados poderán comprobar as instalacións obxecto de explotación baixo a dirección e coordinación dun técnico da entidade pública convocante, o día 20 de xaneiro de 2015 ás 9.30 horas no lugar onde está situada a depuradora de Ribadumia en Covas de Lobos, s/n, 36633 Ribadumia (Pontevedra); coordenadas UTM X: 518.393’97; Y: 4705.964’51.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de xestión de servizo público.
b) Descrición: explotación das estacións depuradoras de augas residuais da Illa de Arousa, Meaño e Ribadumia (Pontevedra).
c) Lugar de execución: A Illa de Arousa, Meaño e Ribadumia (Pontevedra).
d) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.
e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de noventa e seis (96) meses.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 65120000-0.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración.
c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil de contratante.
4. Valor estimado do contrato: 16.658.198,70 euros.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 2.670.877,52 euros. Importe total: 2.937.965,27 euros.
6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia acreditarase polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e b) e 78.1.a) en relación co artigo 79 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público nos termos que se expresan no prego administrativo.
b) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 3 de febreiro de 2015.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e nas horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).
2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición: a apertura, a comprobación e a valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizaranse conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.
d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 13 de febreiro de 2015 ás 9.00 horas e do sobre C na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil de contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.
10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
11. Outras informacións.
a) Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Valor estimado do contrato: inclúe o orzamento de licitación, así como os importes, previstos no contrato, correspondentes ás eventuais prórrogas contractuais e á opción de aboamento pola depuración e tratamento de maiores caudais de augas residuais e cantidade de residuos que os inicialmente estimados.
c) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
d) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.
e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil de contratante.
g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil de contratante.
h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
i) Expediente anticipado de gasto: esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia