Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52636

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2014 pola que se publica a data de posta en funcionamento desta axencia.

O Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos (Diario Oficial de Galicia núm. 66, do 4 de abril), establece na disposición adicional primeira, punto segundo, que por medio da Resolución da Dirección da Axencia, conforme o indicado polo Consello Reitor, se publicará a data da súa posta en funcionamento.

Na súa virtude, e logo de indicación do Consello Reitor na súa sesión constitutiva que tivo lugar o 27 de xuño de 2014, e en virtude das atribucións que teño conferidas

RESOLVO:

Publicar que a data de posta en funcionamento da Axencia Galega de Servizos Socias será o 1 de xaneiro de 2015

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

(Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia e Inclusión