Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes tramitados nesta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Lugo, 12 de decembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Número expediente

Acto que se notifica

Concello

Comunidade de propietarios r/Sarria, 88-90

IN635C 2014/18-2

Resolución

Monforte de Lemos

Comunidade de propietarios r/Sarria, 88-90

IN635C 2014/19-2

Resolución

Monforte de Lemos

Aspectos Internos, S.L.

IN635A 2014/2-2

Resolución

Trabada

José Facal Rial

IN635A 2014/501-2

Trámite de audiencia

Vilalba

Maderas Díaz, S.L.

IN635A 2014/606-2

Resolución

Burela