De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.
Pontevedra, 19 de novembro de 2014
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Interesado: Manuel Francisco Bello.
Expediente: ES-P-0015/14.
Último domicilio coñecido: r/ Estación, nº 58 1º B, Catoira, Pontevedra.
Indicación do contido: notificáselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0015/14, en que se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 580 €, de acordo co disposto nos artigos 104 e 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.
Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar os documentos ou xustificantes que consideren convenientes, no prazo de quince (15) días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado nas dependencias administrativas de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.