Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 19 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución do expediente sancionador ES-P-0019/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 19 de novembro de 2014

José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Basilio Enrique Abuín Hernández.

Expediente: ES-P-0019/14.

Último domicilio coñecido: Baixada a Orxa, nº 38, Vigo.

Indicación do contido: notifícase resolución do procedemento sancionador ES-P-0019/14 en que se pon fin a este tras o pagamento voluntario da multa de 300 euros recollida na proposta de resolución consonte o disposto no artigo 112 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Recurso de alzada: as personas interesadas poderán interpór recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.