Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 10 de decembro de 2014, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na citación con referencia 36R001/C-JRLM-14-2014 do expediente 36L005/143/2013 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no Paseo de Cervantes, nº 7-1º, Edificio Las Palmeras, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 10 de decembro de 2014

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Citación: referencia 36R001/C-JRLM-14-2014 (expedientes núm. 36L005/143/2013, 15R001/678/2014, 15R001/1207/2014, 15R001/1585/2014, 15R001/1720/2014 e 15R001/2286/2014).

Interesado: Jose Ángel Muñiz Pérez (Cocinas Senra, S. L. Unipersonal).

NIF: 76862614H.

Acto notificado: citación.