Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 21 de novembro de 2014 polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Yatesport, S.A.U. de concesión administrativa para ocupación de dominio público portuario para a explotación da nave localizada no porto deportivo de Sada, parcela D2, para almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos complementarios (expediente 12-13-14-C-2).

O pasado 6 de novembro a Presidencia de Portos de Galicia declarou deserto o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Sada, parcela D2, para almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos complementarios, convocado mediante Resolución do 28 de maio de 2014.

O 21 de novembro de 2014 o presidente de Portos de Galicia, con base no artigo 83.b) do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acorda iniciar o trámite da concesión administrativa a favor da empresa Yatesport, S.A.U. (licitador único do procedemento indicado no paragrafo anterior), para ocupación de dominio público portuario para a explotación da nave localizada no porto deportivo de Sada, parcela D2, para almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos complementarios, segundo documentación técnica das actuacións propostas no procedemento aberto indicado. Non está prevista a execución de obras a maiores da infraestrutura e edificación xa existente, agás a construción do pechamento de separación entre a nave D2 e a súa lindeira D1.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está a disposición na web portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia