Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se procede á exposición pública da listaxe de parcelas propostas para seren receptoras de produtos do tratamento de lodos de depuradora (PTLD).

De conformidade co artigo 12 do Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á exposición pública das parcelas propostas nos concellos onde están radicadas para que os veciños poidan trasladar toda información que consideren relevante relativa á situación de mananciais, puntos de captación e condicións non inventariadas.

O prazo para efectuar as ditas alegacións entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio e rematará transcorridos vinte días. A listaxe de parcelas atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar no taboleiro de anuncios do concello de Ribeira.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria