Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52367

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (204/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 204/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan María Gómez Queiro contra Ramiro Núñez Moldes, sobre despedimento, ditouse o día 1 de decembro de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 23.626,87 euros de principal, máis 2.362,69 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

A secretaria xudicial