Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de constitución do couto mineiro da canteira Pescas número 5 e da canteira As Portelas número 23, nos concellos da Coruña e Arteixo.

As sociedades Prebetong Áridos, S.L.U., titular do dereito mineiro da sección A) As Portelas nº 23 e Cantera Pescas, S.L, titular da canteira Pescas nº 5, situadas nos concellos da Coruña e Arteixo, solicitaron ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña a constitución do couto mineiro formado polas explotacións mineiras citadas, con base no establecido no título XI (artigos do 108 ao 111) da Lei 22/1973, de minas (BOE núm. 176, do 24 de xullo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 3 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña