Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente CO-RES-2014-006.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta secretaría xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, código postal 15781 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-006.

Interesados: David Ferreiro Rey e David Ferreiro Caamaño.

Acto notificado: acordo de cambio de cualificación xurídica.