Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52349

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de decembro de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2014, modificada pola Orde do 24 de marzo de 2014, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as.

Unha vez presentada a renuncia dunha vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Ana Belén Díaz Fernández como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a María Encarnación Nieto Zas, funcionaria pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as.

Terceiro. Nomear como vogal suplente a Fernando González Abeijón, funcionario pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda