Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 4 de decembro de 2014 pola que se fai pública unha relación de resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 6 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 23 de abril) correspondente ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 y 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 6 de febreiro de 2014 (DOG do 23 de abril) correspondente á avaliación previa ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión, e que intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da súa notificación, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado consideraranse notificadas cos efectos que lle correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e poderase interpoñer contra elas, por parte dos/as interesados/as, recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas ou do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Luís María Hervella Nieto

33995287E

273/1-14-D

Soledad García Gil

02522231M

11/1-14-D

Antonio Fernández Otero

36075474C

150/1-14-D

Pablo Ramil Rego

33854793N

129/1-14-D