De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento sancionador de taxa láctea STL 12/2014.
A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria, situadas na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente á última dirección coñecida da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014
Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria
ANEXO
Expediente: STL 12/2014.
Interesada: Soc. Coop. Ltda. Fenaval.
Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador de taxa láctea.
Último enderezo coñecido: lugar de Broño, s/n, Lago, 15552 Valdoviño, A Coruña.