Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52000

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Centro de Formación Ica, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Centro de Formación Ica, S.L.

3. Data: do 29 ao 31 de decembro de 2014.

4. Lugar de realización: Centro de Formación Ica, S,L., rúa Portela, nº 12, 36205 Vigo (Pontevedra).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 29.12.2014

10.00-14.00 h

Praguicidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I. Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas. Lexislación II. Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

16.00-20.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 30.12.2014

10.00-14.00 h

e

16.00-20.00 h

Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases. Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas. Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación. Métodos químicos (DDD). Técnicas de aplicación de praguicidas. Desinfección ambiental: lexionela.

Día 31.12.2014

9.00-14.00 h

Prácticas. Preparación de disolucións de produtos. Exercicios prácticos. Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. Uso adecuado dos medios de protección persoal. Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Centro de Formación Ica, S.L.

Datas: do 29 ao 31 de decembro de 2014.

Lugar de realización do curso: Centro de Formación Ica, S,L., rúa Portela, nº 12, 36205 Vigo (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas, agás o 31.12.2014, que será das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: Centro de Formación Ica, S.L., rúa Portela, nº 12, interior (Calvario), 36205 Vigo, Pontevedra, Tel.: 986 37 77 79. Fax: 986 26 53 00.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Alumno/a:

Enderezo: C.P.:

Localidade: Provincia:

Teléfono: Fax:

Correo electrónico:

Empresa: CIF: