Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 9 de outubro de 2014 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións e das bateas Jumaca VI e Mª del Carmen IV.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión da batea Jumaca VI e Mª del Carmen IV e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 23 de setembro de 2014, Mª del Carmen Zubiela Sieira (33061992K), no nome e representación da comunidade de herdeiros de Juan Manuel Caamaño Caamaño (14774749D), solicitou autorización para a transmisión das concesións e das bateas Jumaca VI e Mª del Carmen IV.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG núm. 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG núm. 97, do 22 de maio), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG núm. 97, do 22 de maio), e na Orde do 15 de xuño de 1999, modificada pola Orde do 8 de maio de 2000 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María del Carmen Zubiela Sieira (33061992K) das concesións administrativas e as bateas que se indican a seguir:

Identificacións:

Tipo: batea.

Nome: Jumaca VI.

Localización:

Distrito: Muros (A Coruña).

Polígono: B.

Cuadrícula nº: 71.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 26.6.1974.

Remate de vixencia: 15.12.2019.

Tipo: batea.

Nome: Mª del Carmen IV.

Localización:

Distrito: Muros (A Coruña).

Polígono: B.

Cuadrícula nº: 10.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 10.12.1963.

Remate de vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Juan Manuel Caamaño Caamaño (14774749D) 100 % privativas.

Nova titular: María del Carmen Zubiela Sieira (33061992K) 100 % privativas.

A nova titular das concesións subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 9 de outubro de 2014

P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña