De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Mohamed El Maimouni o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro en relación coa axuda socioeconómica da prima non renovable ao abeiro da Orde do 6 de maio de 2010 (DOG nº 94, do 20 de maio).
De conformidade co previsto no artigo 77, punto 2, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dáselle o trámite de audiencia para que nun prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación do presente escrito, poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
O expediente, que se relaciona a continuación, está á disposición do interesado na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela:
Número de expediente: PE113D 2010/63-0.
Nome: Mohamed El Maimouni.
NIF: X0620536L.
Embarcación: Pilar Roca.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar