Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51816

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, pola que se fan públicos varios acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de febreiro de 2014 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro), modificada pola Orde do 19 de marzo de 2014 (DOG núm. 61, do 28 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo con indicación dos seus documentos nacionais de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución de aprobados, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3 se tiveren a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o su anterior nomeamento e deberán presentar certificación do Servizo de Persoal da consellería ou organismo de que dependesen para acreditar tal condición.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.1.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de decembro 2014

Isidoro García López
Presidente do tribunal

Anexo

Acceso libre

Núm.

NIF

Apelidos e nome

Notas 1º exame

Notas 2º exame

Notas 3º exame

Total

1

44809256N

Domínguez Loureiro, Irene

12,68

11,5

Exenta

24,18

2

47362567R

Sánchez Valiño, Iván

10,48

12,5

Exento

22,98

3

46901111V

Pombo Varela, Noemí

10,97

11,5

Exenta

22,47

4

11974950T

Ramos Mendo, Víctor José

11,21

10

Apto

21,21

Promoción interna

Núm.

NIF

Apelidos e nome

Notas 1º exame

Notas 2º exame

Notas 3º exame

Total

1

46900689D

Vázquez Barros, Estefanía

13,02

10

Exenta

23,02