Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51789

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Do 29 ao 31 de decembro de 2014.

4. Lugar de realización:

Cooperativa Santa Mariña de Loureiro.

Lg. Loureiro, O Irixo, 32539 Ourense.

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 29.12.2014

15.00-16.00 h

Introdución. Lexislación.

16.00-18.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

18.00-20.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

20.00-22.00 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 30.12.2014

15.00-16.20 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

16.20-17.40 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

17.40-19.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

19.00-20.30 h

Preparación de disolucións de produtos.

20.30-22.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

Día 31.12.2014

15.00-17.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

17.00-19.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

19.00-20.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

20.00-21.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

21.00-22.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos, e en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas
Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 29 ao 31 de decembro de 2014.

Lugar de realización do curso:

Cooperativa Santa Mariña de Loureiro.

Lg. Loureiro 32539, O Irixo, Ourense.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 15.00-22.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 22 de decembro de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24 639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneaformacion@sanea.org

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: