Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51752

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

CONVOCATORIA do XXII premio Puro Cora.

O premio Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, teñan contribuído a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional coma internacional, con anterioridade a esta convocatoria.

O resultado do premio, farase público o día 2 de febreiro de 2015, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., rúa Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 17 de decembro de 2014

Blanca García Montenegro
Presidenta