Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de novembro de 2014, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres OU-01252-O-2014 e OU-01293-O-2014.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme ao previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987,do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 26 de novembro de 2014

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01252-O-2014

1830-FZH

Garda Civil 3202 J53184F

Musatesa, S.L.

B09548082

Avenida de Castilla, 66, 6º A

09400 Aranda de Duero

Burgos

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas

6.6.2014; 17.00.00; N-120; 472,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-01293-O-2014

7643-CTZ

Garda Civil 3203 L24919Z

Verísimo Miguélez Martinez

34941781C

Arrifana, 10

32411 Melón

Ourense

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

21.5.2014; 9.50.00; A-52; 160,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros