Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle (631/238/2014).

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o 28 de novembro de 2014, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle de equipamento asistencial nos Rosales. Setembro 2014, sito na estrada dos Fortes, nº 12, 15001 da Coruña, promovido por Fundación Remanso.

En cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle sométese a exposición pública polo prazo de vinte días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación que integra o estudo de detalle pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3) en horario laboral de luns a venres, así como na web do Concello www.coruna.es/urbanismo, exposición pública.

Os gastos desta publicación serán por conta do promotor.

A Coruña, 4 de decembro de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo