Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51458

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2014 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de saúde, grupo III, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 29 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 13 de decembro).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 29 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 13 de decembro) para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, e comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 85 j) dos estatutos da USC,

resolve:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre, e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova número 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Categoría laboral: técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde

Quenda de acceso libre

Número de orde

Posto

DNI

Apelidos e nome

1

Encargado/a Animalario de Experimentación

33289183H

Otero Cristobo, Mercedes

2

Técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde

78789183S

Pérez Calvelo, Manuel