Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51546

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de docencia para a impartición de certificados de profesionalidade, enmarcados na fase formativa de contratos para a formación e a aprendizaxe.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de docencia para a impartición de certificados de profesionalidade, enmarcados na fase formativa de contratos para a formación e a aprendizaxe da Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense, cun tipo de licitación de 63.360,00 € (exento de IVE, de conformidade co artigo 20.9 da Lei do IVE). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro da Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense, Paderne, nº 1, por teléfono: 988 29 30 00 e fax: 988 29 30 00 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 26 de novembro de 2014

José Manuel Fernández Gómez
Presidente da Mancomunidade Voluntaria de Concellos
da Comarca de Ourense