Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51410

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 15 de decembro de 2014 pola que se dispón a renovación de varios vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, de 5 de setembro no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Renovar o mandato dos seguintes vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra:

– En representación do sector pesqueiro:

Constante Freire González

– En representación da Comunidade Autónoma de Galicia

María Encarnación Rivas Díaz

Paloma Rueda Crespo

Manuel Nores González

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar