Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado, do servizo de vixilancia para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa e do Centro de Investigacións Mariñas (Cima) de Corón (expediente 10/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia do Instituto Galego de Formación e Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa e do Centro de Investigacións Mariñas (Cima) de Corón (Pontevedra).

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: desde o 1 de febreiro ata o 31 de decembro de 2015. Se a formalización do contrato ten lugar con posterioridade a esta data de inicio, o prazo de execución comezará ao día seguinte ao da súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79710000-4; 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non harmonizado.

Criterios de adxudicación: avaliable de forma automática.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 112.941,50 €, IVE (21 %): 23.717,72 €. Importe total: 136.659,22 €. A distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

Valor estimado: 112.941,50 €.

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído), de conformidade co artigo 95.1 do TRLCSP.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos:

Consultas administrativas: 981 54 40 46/981 54 57 44.

Consultas técnicas: 986 52 71 01/986 52 71 02.

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21708

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do día 14 de xaneiro de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outra información: datos para a subrogación dos traballadores no anexo I do prego de prescricións técnicas (PPT).

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar