Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 11 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña).

O 11 de novembro de 2014, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ditou a resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña) que se transcribe a seguir:

O acordo de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias con data do 18 de decembro de 2003 e publicado na forma legalmente establecida, na actualidade está pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Ferrol solicitou a cesión da titularidade dos predios para os fins que se indican a seguir:

– Predio 21: servizos de praia.

– Predio 47: equipamento multiúsos (linda con parcela incluída no convenio de Defensa co Concello).

– Predio 185: servizos de praia. Aparcadoiro.

– Predio 187: servizos de praia.

– Predio 210-2: servizos de praia.

– Predio 212: servizos de praia.

– Predio 434: infraestrutura e dotacións públicas.

– Predio 506: servizos de praia.

– Predio 927: servizos de praia.

– Predio 1035: servizos de praia.

– Predio 1047-3: servizos de praia.

– Predio 1185: depósito de madeira.

– Predio 1211: depósito de madeira.

– Predio 1214: depósito de madeira.

– Predio 1218: depósito de madeira.

– Predio 1223: depósito de madeira.

– Predio 1263-2: depósito de madeira.

– Predio 1402: infraestrutura e dotacións públicas.

– Predio 1445: depósito de madeira.

– Predio 1690: depósito de madeira.

– Predio 1771: infraestrutura e dotacións públicas. Cemiterio.

– Predio 2395: área de lecer Rego Soagraña-O Xuncal.

– Predio 2482: servizos de praia.

– Predio 2651: depósito de madeira.

– Predio 2817: castro (Esmelle).

– Predio 2838: castro (Esmelle).

– Predio 2863: área de lecer A Boucella (2 muíños).

– Predio 2877: área de lecer A Boucella.

– Predio 2903: infraestrutura e dotacións públicas: AA.VV. de Marmancón.

– Predio 3005: área de lecer Rilo.

– Predio 3075: abastecemento de auga.

– Predio 3127: aparcadoiro.

– Predio 3146: depósito de madeira.

– Predio 3391: infraestrutura e dotacións públicas (linda con parcela incluída no convenio de Defensa co Concello).

– Predio 3465: área de lecer Rego de Citula. Vilela-Viñas.

– Predio 3466: área de lecer Rego de Citula. Vilela-Viñas.

– Predio 3485: fonte e lavadoiro.

– Predio 3628: depósito de madeira.

– Predio 3632: depósito de madeira.

– Predio 3653-1: depósito de madeira.

– Predio 3653-2: depósito de madeira.

– Predio 3911: infraestrutura e dotacións públicas. Aparcadoiro.

– Predio 3950-1: infraestrutura e dotacións públicas. AA.VV. de Esmelle.

– Predio 3979: infraestrutura e dotacións públicas. AA.VV. de Esmelle.

– Predio 3983: infraestrutura e dotacións públicas. AA.VV. de Esmelle.

– Predio 3993: infraestrutura e dotacións públicas. AA.VV. de Esmelle.

– Predio 4125: depósito de madeira.

– Predio 4162: depósito de madeira.

– Predio 4223: muíño de Lavandeira.

– Predio 4265: depósito de madeira.

– Predio 4318: infraestrutura e dotacións públicas.

– Predio 4340-1: depósito de madeira.

– Predio 4343: depósito de madeira.

– Predio 4454: área de lecer Roxedoiro.

– Predio 4456-2: área de lecer Roxedoiro.

– Predio 4462: infraestrutura e dotacións públicas.

– Predio 4512: infraestrutura e dotacións públicas.

– Predio 4515: depósito de madeira.

– Predio 4537: depósito de madeira.

– Predio 4605: depósito de madeira.

– Predio 4642: depósito de madeira.

– Predio 4672: área de lecer Rego de Aneiros. Bustelo.

– Predio 4675: Fraguiñas.

– Predio 4676: Fraguiñas.

– Predio 4749: AA.VV. de Mandiá.

– Predio 4926: castro de Mandiá.

– Predio 4965: infraestrutura e dotacións públicas (linda co cemiterio municipal).

Vista a proposta da Xunta Local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os que se solicitan os referidos predios e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña) e adxudicar ao Concello de Ferrol a titularidade dos predios número: 21, 47, 185, 187, 212, 434, 506, 927, 1035, 1047-3, 1185, 1223, 1402, 1445, 1771, 2395, 2482, 2651, 2817, 2838, 2863, 2877, 2903, 3005, 3075, 3127, 3146, 3465, 3466, 3485, 3628, 3632, 3653-1, 3653-2, 3911, 3950-1, 3979, 3983, 3993, 4125, 4162, 4223, 4265, 4318, 4343, 4454, 4456-2, 4462, 4512, 4515, 4605, 4642, 4672, 4749 e 4926, que causan baixa no Fondo de Terras da zona para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2. Unha vez transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios sexan destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o Fondo de Terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3. Non ceder ao Concello de Ferrol os predios número 210-2, 1211, 1214, 1218, 1263-2, 1690, 3391, 4340-1, 4537, 4675, 4676 e 4965, ao considerar que polas súas características non resultan axeitados para os usos ou destinos para os cales pretende o Concello.

4. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Ferrol.

Contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 25 de novembro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña