Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convoca a asemblea para a constitución da Xunta Xestora do monte de varas Serra do Quinxo.

De conformidade co establecido no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócase para o o día 27 de decembro de 2014, ás 16.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 17.00 horas, en segunda convocatoria, a asemblea para a constitución da Xunta Xestora do monte de varas Serra do Quinxo (A Illa), que terá lugar na praza do Pobo, no concello de Entrimo, de acordo coa seguinte orde do día:

1. Acordo de constitución da Xunta Xestora e aprobación de estatutos.

2. Elección dos membros integrantes da Xunta Xestora.

3. Rolda de intervencións.

A información relativa á dita asemblea estará dispoñible para consulta nas oficinas municipais do Concello de Entrimo (a relación de partícipes do monte Serra do Quinxo da Illa, documentación acreditativa da natureza xurídica do dito monte, modelo de estatutos, modelo de presentación de candidaturas).

Presentación de candidaturas para a constitución da Xunta Xestora:

• Prazo: ata o 27 de decembro de 2014.

• Lugar de presentación: oficinas municipais do Concello de Entrimo (Ourense).

De conformidade co establecido no artigo 45.5 da citada Lei 7/2012, a Xunta Xestora estará composta por un número impar de persoas, todas elas coa condición de propietarias, cun mínimo de tres e un máximo de sete.

Ourense, 20 de novembro de 2014

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense