Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración sucesiva de todo o material necesario para a realización de gasometrías (expediente MS-EIL1-14-027).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa. Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo (27003).

4) Teléfono: 982 29 60 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-EIL1-14-027.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de todo o material funxible preciso (reactivos, controis, calibradores, instrumentos, dispositivos ...) para realizar gasometrías, xunto co alugamento do equipamento necesario para a súa determinación.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Dr. Ulises Romero, nº 1.

2) Localidade e código postal: Lugo (27003).

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): CPV: 33696200-7 Reactivos análise sangue.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 453.562,72 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 226.781,36 euros. Importe total: 249.459,50 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, sen IVE 11.339,07 euros.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría):

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do día 13 de xaneiro de 2015.

Se o último día do prazo de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) Número previsto de empresas as que se pretenden invitar para presentaren ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 do 3º andar do Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1.

c) Localidade: Lugo (27003).

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do/s adxudicatario/s do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27 de novembro de 2014.

12. Outras informacións: vexáse o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 27 de novembro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos