Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación 44/2014, servizo para o desenvolvemento de accións de formación e divulgación do cooperativismo mediante a teleformación.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de accións de formación e divulgación do cooperativismo mediante a teleformación.

c) Tipo de fondo: fondos propios dos orzamentos da Consellería de Traballo e Benestar para as anualidades 2014 e 2015.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: corenta e catro mil cincocentos corenta e cinco euros con corenta e cinco céntimos (44.545,45 €) máis nove mil trescentos cincuenta e catro euros con cincuenta e cinco céntimos (9.354,55 €) correspondente ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de cincuenta e tres mil novecentos euros (53.900,00 €).

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de novembro de 2014.

b) Contratista: Fundación de Estudios y Análisis (Fesán).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinte e cinco mil novecentos trinta e un euros con oitenta e tres céntimos (25.931,83 €) máis cinco mil catrocentos corenta e cinco euros con sesenta e oito céntimos (5.445,68 €) correspondente ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de trinta e un mil trescentos setenta e sete euros con cincuenta e un céntimos (31.377,51 €).

6. Formalización: 18 de novembro de 2014.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar