Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/187).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Promotora de Vivendas Urbanas, S.L.

Domicilio social: avda. Enrique Salgado Torres, s/n, 15008 A Coruña.

Denominación: LMT, CS, CT de 400 kVA e liña BT.

Situación: polígono industrial de Vío, parcela Z2.EQ, A Coruña.

Características técnicas: conexión de servizo soterrada en media tensión de 2+2 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1×240 mm2 Al para alimentar en anel o CS. Entroncamento en LMT soterrada de UFD con número de expediente IN407A 2007/456. CS en edificio prefabricado de formigón compartido co de CT proxectado, que inclúe 3 interruptores-seccionadores de 24 kV, 400A en cabinas metálicas prefabricadas. CT en edificio prefabricado de formigón con transformador de 400 kVA, relación 15/0,42 kV en baño de aceite. Aparellaxe de manobra e protección, así como equipamento de medida, en cabinas metálicas prefabricadas. Liña de BT de 70 m en cable 0.6/1 kV 3×(1×240)+1×120 mm2 cu para alimentar a estación de bombeo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 4 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña