Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51451

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 17 de novembro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 231, do 2 de decembro de 2014, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo I, na páxina 49626, despois de «Formación específica: (069) Experiencia en xestión de persoal (mérito).

(264) Experiencia en estudo e preparación de propostas de recursos e reclamación (mérito)», cómpre engadir o seguinte:

Titulación académica: licenciado en Dereito.