Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51342

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de mediación e asesoramento en materia de seguros privados a esta deputación e aos seus organismos autónomos.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mediación e asesoramento en materia de seguros privados á Deputación Provincial de Ourense e aos seus organismos autónomos. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32 ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da deputación
www.depourense.es.

Ourense, 1 de decembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense