Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51338

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO relativo á asunción de competencias en materia de xestión tributaria dos concellos do Corgo e Friol.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 230, do 7 de outubro de 2009, publícase o anuncio sobre a asunción pola Deputación de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria, relativo á proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación con tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, aprobada no Pleno da Deputación de Lugo que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007, e no Pleno do día 28 de outubro de 2008 refórmanse as bases décima e décimo primeira, así como os concellos que delegaron as súas competencias nesta materia, co alcance e o contido das delegacións.

No Boletín Oficial da provincia núm. 282, do 10 de decembro de 2014, publícase o contido da asunción pola Deputación de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria dos concellos do Corgo e Friol.

Lugo, 10 de decembro de 2014

P.D. (Decreto nº 2821/2011, do 15 de xullo)
Mª Pilar García Porto José Antonio Mourelle Cillero
Deputada delegada de Economía, Secretario da Deputación
Recadación e Facenda Provincial de Lugo