Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51345

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña

ANUNCIO do acordo de aprobación inicial da modificación dos estatutos.

A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, en sesión celebrada o 28 de novembro de 2014, adoptou o acordo de aprobación da modificación dos estatutos, de conformidade co preceptuado na disposición transitoria sexta da Lei 27/2013, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, e na Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, sometendo o acordo a información pública polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio (BOP ou DOG), e a súa simultánea remisión á Deputación Provincial da Coruña e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, para os efectos de emisión do informe correspondente, no prazo dun mes, de conformidade co preceptuado no artigo 143 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Os interesados poden examinar a modificación dos estatutos na Secretaría do Consorcio (rúa Sol, Edificio Sol, s/n, 15003 A Coruña) e formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas.

A Coruña, 9 de decembro de 2014

Mª Luisa Cid Castro
Presidenta